Lanzamento de Avións de Papel

Xa en tempos afastados, a Leonardo da Vinci roldáballe a idea dunha máquina voadora...

Agora é a túa quenda de ser un gran inventor. Nós dámosche un folio, e terás 5 minutos para costumizalo ao teu gusto (deseño, cor...) e facer que sexa o avión que complete o percorrido máis longo. A ver se eres o mellor e consegues grandes premios!

HORA E LUGAR: Escenario principal, venres ás 21:00.

NORMATIVA:

  • Realizaranse roldas cun número de integrantes proporcional aos participantes.
  • Os gañadores das devanditas roldas pasarán á final.
  • Os concursantes non poderán cambiar de avión en caso de pasar á rolda final.
  1. Empregarase o material proporcionado pola organización.
  2. Só se permitirá unha participación por persoa.
  3. O gañador desta actividade recibirá: un trofeo conmemorativo, un diploma e unha clave para a plataforma Steam.
  4. A organización resérvase o dereito para cambiar calquera destas normas no caso de que sexa necesario.
  5. O INCUMPRIMENTO DALGUNHA DESTAS NORMAS SUPORÁ A DESCUALIFICACIÓN AUTOMÁTICA.
  6. CALQUERA FALTA DE RESPECTO, COMENTARIOS DE MAL GUSTO, OU OUTROS TEMAS QUE POIDAN FERIR A SENSIBILIDADE TANTO DA AUDIENCIA COMO DA ORGANIZACIÓN SUPORÁN A DESCUALIFICACIÓN AUTOMÁTICA.

twitter facebook