Ver a XGN desde o noso posto privilexiado ás veces é un tanto aburrido. Cousas que ten estar na organización. Así que vos propoñemos un reto: ensinádenos a party desde o voso punto de vista.
Lanzaremos o tema en cuestión o venres ás 12:00. Poderedes entregar as vosas producións en control ata o sábado ás 20:00. Proxectaranse en pantalla a noite do sábado e posteriormente un xurado avaliará as imaxes. O gañador será anunciado o domingo ao mediodía durante a entrega de premios.
NORMATIVA:
- As imaxes deberán ser orixinais e inéditas non sendo presentadas e/ou premiadas noutros concursos. Aquelas que non cumpran este requisito serán eliminadas do concurso.
- As imaxes poderán ser en cor ou branco e negro.
- As imaxes deberán representar o tema pedido pola organización. Aquelas que non cumpran este requisito serán eliminadas do concurso.
- As fotografías deberán ser propiedade do autor que as presente ao certame.
- No caso de fotografías premiadas, a organización poderá pedir o arquivo orixinal.
- Cada participante poderá presentar ata tres fotografas.
- Poderase empregar calquera tipo de material: Reflex, webcams, móbiles, etc.
- O gañador desta actividade recibirá: un trofeo conmemorativo, un diploma e unha clave para a plataforma Steam.
- A organización resérvase o dereito para cambiar calquera destas normas no caso de que sexa necesario.
- A participación no concurso leva a cesión dos dereitos das fotografías presentadas.
- O INCUMPRIMENTO DALGUNHA DESTAS NORMAS SUPORÁ A DESCUALIFICACIÓN AUTOMÁTICA.
- CALQUERA FALTA DE RESPECTO, COMENTARIOS DE MAL GUSTO, OU OUTROS TEMAS QUE POIDAN FERIR A SENSIBILIDADE TANTO DA AUDIENCIA COMO DA ORGANIZACIÓN SUPORÁN A DESCUALIFICACIÓN AUTOMÁTICA.
Non esquezades poñer o voso nome ou nick e posto na party (ás imaxes en si mesmas), por se tivésemos que poñernos en contacto convosco. Os vídeos proxectaranse en pantalla a noite do sábado. A Organización resérvase o dereito de non proxectar aquelas producións cuxo contido considere inadecuado. La organización se reserva el derecho a cambiar cualquiera de estas normas en caso de que sea necesario.