Conferencias

Iremos informando sobre as diferentes conferencias que haberá na Extranet.

 

HORARIO DE CONFERENCIAS*

Venres, 8 de setembro

17:00 - 17:45 Ciberseguridade Aensis

18:00 - 18:45 Game Project Compo

19:00 - 19:45 Andivi Cosplay

Sábado, 9 de setembro

12:00 - 12:45 Drons Parte 1: Drons e normativa

16:00 - 16:45 Drons Parte 2: Sistemas dos RPAS

18:00 - 18:45 Wuautech

19:00 - 19:45 Yurner0s

 


*Este programa é provisional, e polo tanto está suxeieto a variaciónss que se comunicarán oportunamente.


 

Ciberseguridade Aensis

INCIDENCIAS DE ATAQUES • BRECHAS SIGNIFICATIVAS • CUSTO DOS INCIDENTES DE CIBERSEGURIDADE • DEBILIDADES QUE PRESENTAN OS MÉTODOS ACTUAIS • COMO MELLORAR A CIBERSEGURIDADE ACTUAL • PROPOSTA DE VALOR • TECNOLOXÍA DISRUPTIVA • PRESTACIÓNS AVANZADAS

Ponente: José Luis García - Responsable de Expansión Aensis Ciberseguridad

Web: www.aensis.com

Horario: Venres, 8 de Setembro, 17:00-17:45 

subir ^


Game Project Compo

Os participantes terán que presentar (individualmente ou en grupo) un proxecto de videoxogo.

Isto significa: deseños de arte, prototipos, esquemas de funcionamento, ambientación, etc... É dicir, todo o proceso que se seguiría antes de comezar na produción do videoxogo.

A diferenza do resto de compos, esta non se pode proxectar nas pantallas así que o día designado á hora designada, na sala de conferencias cada grupo e/ou participante expoñerá o seu proxecto. Esta exposición será pública e poderá acudir a escoitala quen desexe.

Horario: Venres, 8 de Setembro, 18:00-18:45 

subir ^

Andivi Cosplay

Contamos neste evento con Andivi Cosplay (aka Andrea Vizcaino), cosplayer de Bilbo coñecida polos seus detallados cosplays tales como o cosplay genderbend de Taric da Quinta Era, o cal se exhibirá polo evento o Sábado 9.
Tamén é coñecida pola súa maquillaxes de efectos especiais (SFX) e os seus traballos como modelo de fantasía, por último: dará unha charla sobre como iniciarse no cosplay e os materiais máis comúns para empezar, esperamos que vos guste.

Horario: Venres, 8 de Setembro, 19:00-19:45

subir ^

Drons

Aerial Works é un operador aéreo autorizado pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) especializado no uso de RPAS. Os seus profesionais proceden do mundo aeronáutico e acumulan moitas horas de voo en drons ou RPAS. Neste curso participarán:

  • Angel del Real: Responsable de Operacións de Aerial Works e piloto de transporte de liña aerea, foi Responsable de Adestramento de Tripulacións en Swiftair e piloto da frota de EMB-120 da compañía. É piloto de RPAS e formador.
  • José Manuel Miranda: É Responsable de Deseño e Mantemento de Aerial Works e piloto de RPAS. O seu coñecemento dos RPAS provén da súa afección polos aeromodelos. Durante catro anos consecutivos foi campión galego de acrobacia radiocontrolada (F3A), sendo tres anos subcampión; completando o seu palmarés como campión durante varios anos na categoría de avións planeadores eléctricos de permanencia (F5J).
  • Javier Garnacho: Responsable de teledetección de Aerial Works, piloto e formador de RPAS.

Conferencias informativas sobre Drones (RPAS)

Dirixido a: mozos e, en xeral, calquera persoa interesada en coñecer as aplicacións prácticas dos drons.

Obxectivo: Conseguir unha visión xeral das aplicacións civís dos drons, o seu uso e mantemento, así como a lexislación aplicable.

CONFERENCIA 1: Drons e normativa • Introdución e aspectos legais - Historia - Os RPAS: definición - Lexislación actual en España - Lexislación Europea - Futura normativa  •  Conceptos básicos sobre RPAS - Principios básicos de aerodinámica - Tipoloxía: eléctricos ou de combustible - Marxes de voo - Características técnicas - Autonomía e alcance - Precaucións e seguridade - Aplicacións para os RPAS: que poden e que non poden facer.

CONFERENCIA 2: Sistemas dos RPAS.  •  Estrutura: Tipos, configuracións,materiais.  •  Subsistemas dos RPAS - O control remoto. - Controladora - Motor e regulador - Telemetria - Axustes básicos - Tipos de sistemas de despegamento e aterraxe. -Demostración de voo.

Horario: Sábado, 9 de Setembro, 12:00-12:45 (Drons Parte 1)

             Sábado, 9 de Setembro, 16:00-16:45 (Drons Parte 2)

 

 subir ^

Wuautech

En Wuautech cremos que a mellor maneira de gozar da realidade virtual é facelo sen accesorios, sen mandos. Creamos experiencias e xogos de grandes dimensións nas que a locomoción resólvese andando.

Se facemos un xogo de plataformas, o usuario subirá e baixará de plataformas reais, collerá moedas co seu corpo e saltará de verdade. Se hai que completar un percorrido, atravesará taboleiros e seguirá o camiño coma se dun circuíto se tratase.

O noso obxectivo é emocionar e xerar sensacións. Por iso facemos desenvolvementos absolutamente inmersivos nos que mesturamos o virtual e o real, o físico e o dixital.

IDIOMA: Castelán

Horario: Sábado, 9 de Setembro, 18:00-18:45

 subir ^

Yurner0s

Mario González Rodríguez é xogador profesional de League of Leguends e estivo competindo na elite nacional deste videoxogo durante os últimos 3 anos, agora mesmo compite no equipo Artic Gaming en segunda división. Xogador veterano con experiencia do xogo desde a Beta. 2º posición no clasificatorio a challenger series na Barcelona Games World con PGM o ano pasado. Gañador da primeira edición da Mediamark Challenger. Este ano competiu nos equipos de 1º división PGM e Orixe España.

O relatorio irá sobre eSports, como afectan os videoxogos á túa vida cotiá, motivación, equipos da escena nacional, a presión dos xogadores, o papel dos adestradores e os psicólogos dentro dun equipo, rendibilidade a curto prazo nos eSports e crecemento do sector e por último o seu irmán Pablo González Rodríguez tamén falaranos das súas expriencias en equipos como exemplo de como o factor sorte afecta nos eSports e como encaixar nun equipo é a clave do éxito.

Por último o público pode facer preguntas sobre o xogo e como mellorar as súas técnicas.

Horario: Sábado, 9 de Setembro, 19:00-19:45

subir ^

twitter facebook