Actividades R

 

 

desactivator R

 

"Escape Room" é un xogo colaborativo a contrarreloxo onde os participantes teñen que resolver unha serie de enigmas ata completar o desafío.

No xogo, Tom é un antigo espía soviético e especialista artificieiro que deixou unha bomba en Silleda que se detonará en 30 minutos. Os participantes teñen que localizar a bomba atopando as pistas e claves necesarias.

Xógase en grupos reducidos de 4 persoas e un dos xogadores dirixe o equipo co seu móbil accedendo á app do xogo.

Hai, ademais, un photocall para facerse fotos con elementos do xogo.

subir ^

Realidade virtual en 3D (só para participantes)

En Wuautech cremos que a mellor maneira de gozar da realidade virtual é facelo sen accesorios, sen mandos. Creamos experiencias e xogos de grandes dimensións nas que a locomoción resólvese andando.

Se facemos un xogo de plataformas, o usuario subirá e baixará de plataformas reais, collerá moedas co seu corpo e saltará de verdade. Se hai que completar un percorrido, atravesará taboleiros e seguirá o camiño coma se dun circuíto se tratase.

O noso obxectivo é emocionar e xerar sensacións. Por iso facemos desenvolvementos absolutamente inmersivos nos que mesturamos o virtual e o real, o físico e o dixital.

É a hiperrealidade e nunca sentiches nada igual..

subir ^

twitter facebook