Asiste

ZONA PARTY:

 

Cando

Do 8 ao 10 de setembro de 2017

Onde

Pavillóns 1 e 2 da Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda)

Enderezo:

Avda. Recinto Feiral S/N
36540 Silleda - Pontevedra

Como chegar

Cordenadas de GPS: 42.7044-8.243687

 

Acreditación

A acreditación comezará el Xoves 7 ás 16:00 e rematará o Domingo 10 ás 17:00 no seguinte horario:

Xoves 7
16:00 22:00
Venres 8 10:00 22:00
Sábado 9 10:00 22:00
Domingo 10 10:00 17:00


 

Información sobre espazo para pernoitar

Será posible durmir no recinto, na zona de descanso destinada para iso, desde a noite do día 7 ata a noite do día 9. Polo tanto, o recinto deberá ser abandonado o día 10 tras a finalización do evento, non habendo posibilidade de pernoitar nel o devandito día.

Cada participante deberá levar o seu propio material de acampada (saco de durmir, esterilla, colchón inchable ou tenda de campaña).

Non se poderán utilizar cordas para a suxeición das tendas de campaña, é dicir, estas deberán ser de tipo automontable.

Así mesmo, as tendas e os colchóns deberán ser do tamaño máis reducido posible, é dicir, deberán gardar relación co número de persoas que as vaian a utilizar.

Non se poderán instalar tendas ou colchóns que non cumpran estas condicións, a non ser que se deba a razóns xustificadas e fose excepcionalmente autorizado pola organización.

Esperamos que se todos atendedes a esta solicitude non teñamos dificultades de espazo. De calquera modo, se se xerasen problemas porque algún participante ignorase as indicacións expostas esta organización verase na obriga de pedir aos responsables a retirada dos elementos que os causasen. Agradecémosvos a vosa colaboración de antemán.

^subir

 

Servizo de ducha

Duchas situadas no Pavillón 1.

As duchas permanecerán pechadas durante as seguintes horas:

07:00-08:00

13:00-14:00

19:00-20:00

01:00-02:00

^subir

 

Entradas de día

Hai dúas modalidades de estar na XGN R Encounter: adquirir unha entrada para os 3 días polo proceso habitual, ou adquirir unha entrada de día. O prezo da entrada de día é de 10 € e poderá ser adquirida no mostrador de acreditación, dentro do seu horario de validez.

A validez das entradas de día é de 10:00 a 22:00, e só existirán os días 8, 9 e 10 de Setembro (venres, sábado e domingo).

A entrada de día non dá dereito a conectar un computador na party.

^subir

Plano

 

^subir

 

twitter facebook