Conferencias e talleres

Un ano máis, a XGN R Encounter ofrecerache as conferencias e os talleres máis interesantes.

 

 

  • HORARIO TALLERES*

Venres, 8 de setembro

19:00 - 20:00 Taller de Sabres de Luz

Sábado, 9 de setembro

16:00 - 19:00 Taller de Deseño de personaxes FX en Papel Mache

19:00 - 20:00 Taller de Sabres de Luz

 


*Este programa é provisional, e polo tanto está suxeito a variacións que se comunicarán oportunamente.


 

Taller de Sabres de Luz

Este taller consta de dous partes, a primeira é a fabricación por parte dos participantes dos sabres de luz, a segunda é a realización de enfrontamentos entre dúas ou máis persoas simulando un combate do universo Star Wars. Os sabres de luz están formados por unha empuñadura de plástico PVC, que alberga a electrónica da espada, e dun fío composto por un tubo de PVC blancotransparente que contén no seu interior unha tira de leds. A diferenza das compradas, as construídas no taller poden utilizarse en enfrontamentos, xa que están feitas de materiais moi resistentes e económicos.

Que se aprende no taller? A realización do taller non require coñecementos previos. Case todo o material está preparado para ensamblar. Usaranse trades ou Dremel para perforar o PVC. Instruirase aos participantes para que aprendan a soldar con estaño.

Que son os enfrontamentos? É a parte na que os usuarios gozan das súas creacións e simulan batallas entre eles (1 vs 1 ou loita de clans).

Características

Número máximo de asistentes: 40 persoas.

Nivel de dificultade: baixo

Tempo empregado: 50-60 minutos

Idade recomendada: maiores de 12 anos.

Coñecementos previos: ningún.

Custos para o usuario: ningún.

Horario: Venres, 8 de Setembro, 19:00-20:00

             Sábado, 9 de Setembro, 19:00-20:00

 subir ^

 

Taller de Deseño de personaxes FX en Papel Mache

¿Queres iniciarte ao mundo da maquillaxe FX para cinema ou Cosplay?

Esta é a túa oportunidade. Participa no taller de modelado de cabeza fantástica e deseña unha criatura para expoñer na túa zona Frikie.

A cargo da artista Bibiana Alvarez de VideosCreativos.es cunha duración de tres horas. só 10 prazas e vanse voando.

Video ilustrativo: https://www.youtube.com/edit?o=U&video_id=Z8nDmu1CSYU

Horario: Sábado, 9 de Setembro, 16:00-19:00

 subir ^

 

twitter facebook