Este ano disporemos de 1.044 sitios para poñer o voso computador.
A entrada á party dá dereito a un posto para situar o computador, toma de corrente (unha soa toma por posto) e conexión a rede local e internet. Con todo, non é necesario traer o computador, nese caso non se poderá reservar praza.
Prezos:
• Na party..........................40 €
• Reserva de antemán......30 €
Data de preinscrición: A partir do 22 de agosto. A preinscrición NON asegura a praza.
A partir desa data será posible darse de alta na web, acceder ao sistema e organizar grupos de reserva. Disponse duns días para poder telo todo preparado antes de que dea comezo a reserva.
Data de reserva: Xoves, 24 de agosto ás 10:00 da mañá.
Se tes calquera problema coas reservas ou a extranet, ponte en contacto con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Para máis información sobre o proceso de inscrición
- Procedemento para realizar a reserva
- Selección de sitios
- Procedemento para solicitar devolución de entradas
Procedemento para realizar a reserva
1.- ENTRA
Accede ao sistema. Se aínda non tes un usuario, poderás rexistrarte (aqueles que xa teñan un usuario creado no sistema non teñen que darse de alta de novo).
2.- PREINSCRÍBETE
Se o período de inscricións comezou, no apartado 'Reserva', encher os datos de preinscrición para a nova edición.
Se se opta por realizar a reserva en grupo, formar o grupo de reserva (explicado no seguinte punto).
3.- RESERVA
Se o sistema de reservas comezou, realizar a reserva, podendo optar entre realizala en grupo ou de forma individual:
Nota importante: non é necesario refrescar a páxina do sistema de reservas manualmente, xa que o sistema é automático. Os usuarios que abusen do sistema serán bloqueados de forma temporal.
Reserva en grupo
Será o líder do grupo o interlocutor coa organización. Se non queres que o líder do grupo sexa a persoa responsable, NON fagas a reserva en grupo.
- Cada membro do grupo debe encher a ficha de preinscrición da party.
- Alguén (o líder do grupo) crea un grupo e dá o nome do grupo e o contrasinal aos seus amigos.
- Os amigos únense ao grupo usando o contrasinal dado polo líder do grupo.
- Cando as reservas teñan comezado, o líder do grupo realiza a reserva para todo o grupo. No cadro 'Reserva' haberá unha opción para 'Realizar reserva'. Ninguén máis pode unirse ao grupo despois disto, polo que será preciso contactar con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. se o grupo foi pechado por erro. Nese momento mostrarase a información de como realizar o pagamento (a non ser que a cota de reservas dispoñibles se teña esgotado, nese caso será incluído na lista de espera).
- O líder do grupo realiza o pagamento para TODO o grupo. O pagamento realizarase mediante tarxeta.
- O líder recibe o e-mail de confirmación de pagamento.
- O líder do grupo elixe onde sentará o grupo na party. No caso de que sexa a organización a que realice a asignación dos sitios, unha vez realizada, o líder do grupo recibirá un email.
- Cada membro do grupo elixe o seu sitio de entre os sitios do grupo (sempre que na ficha de preinscrición indicase que levará ordenador).
Reserva individual
- Encher a ficha de preinscrición da party.
- Cando as reservas teñan comezado, realizar a reserva. No cadro de 'Reserva' haberá unha opción para 'Realizar Reserva'. Nese momento mostrarase a información de como realizar o pagamento (a non ser que a cota de reservas dispoñibles se teña esgotado, nese caso será incluído na lista de espera).
- Realizar o pagamento. O pagamento realizarase mediante tarxeta.
- Tras recibir o e-mail de confirmación de pagamento, elixir o sitio concreto a ocupar na party (sempre que na ficha de preinscrición indicases que levarás ordenador). No caso de que sexa a organización a que realice a asignación dos sitios, unha vez realizada, recibirás un email.
Usando calquera dos métodos anteriores, só se disporá de sitio na party, tras realizar a reserva correspondente e a confirmación do pagamento.
Selección de sitios
O mapa de postos está organizado en illas de postos enfrontados.
Podes consultar a distribución do evento no plano.
En primeiro lugar cómpre realizar a reserva para asegurar que hai espazo dentro da party, pero a praza concreta a ocupar selecciónase unha vez confirmado o pagamento.
Debes ter en conta que as prazas para seleccionar nunha mesma fila deben ser consecutivas. Ademais, non é posible deixar unha única praza libre á dereita ou á esquerda.
A organización resérvase o dereito para realizar movementos dos usuarios, así como a realizar a asignación dos sitios, en aras de optimizar o espazo dispoñible.
Procedemento para solicitar devolución de entradas
É importante que aquela persoa que finalmente non vaia poder asistir e teña unha entrada realice a devolución. Así poderemos dar cabida a aquelas persoas que quedaron sen sitio e desexan asistir.
As devolucións realizaranse tendo en conta a data de confirmación da baixa:
- Ata o 31 de agosto, - devólvense 20 €.
- Do 1 ao 5 de setembro, - devólvense 10 €.
Para tratar calquera tema referente ás devolucións escribir a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co tema "DEVOLUCIÓN" no asunto da mensaxe (se é reserva de grupo será mediante o líder do grupo).