Os responsables da XGN R Encounter valoran moi positivamente a edición que hoxe remata e considérana o comezo dunha nova etapa
- Ricardo Durán, director da Feira Internacional de Galicia ABANCA e do evento, destacou que esta 17 edición supón o punto de partida dun proxecto que pretende colocar á lan party galega como a segunda máis importante do Estado
- Sabino San Vicente, coordinador da rede 'Encounter' e xerente de la Fundación Euskaltel Konekta, destaca a aposta de R polo evento, o que ao seu xuízo permitirá que siga medrando en próximas edicións
- A satisfacción dos asistentes, á espera dunha análise en profundidade das enquisas de valoración, foi moi alta, e destacan especialmente a enorme velocidade de Internet, a fiabilidade da rede e o alto número de actividades desenvolvidas
- As principais novidades desta edición foron a inclusión de maior número de concursos e a entrada das competicións de arte dixital, xunto coas zonas de robótica, realidade virtual e impresión 3D, precisamente as áreas que se potenciarán en vindeiras edicións