- Ricardo Durán, director da Feira Internacional de Galicia ABANCA e do evento, destacou que esta 17 edición supón o punto de partida dun proxecto que pretende colocar á lan party galega como a segunda máis importante do Estado
- Sabino San Vicente, coordinador da rede 'Encounter' e xerente de la Fundación Euskaltel Konekta, destaca a aposta de R polo evento, o que ao seu xuízo permitirá que siga medrando en próximas edicións
- A satisfacción dos asistentes, á espera dunha análise en profundidade das enquisas de valoración, foi moi alta, e destacan especialmente a enorme velocidade de Internet, a fiabilidade da rede e o alto número de actividades desenvolvidas
- As principais novidades desta edición foron a inclusión de maior número de concursos e a entrada das competicións de arte dixital, xunto coas zonas de robótica, realidade virtual e impresión 3D, precisamente as áreas que se potenciarán en vindeiras edicións
Os máximos responsables da XGN R Encounter expresaron a súa "enorme satisfacción" polos resultados da edición que hoxe remata. A Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda) acolleu desde o pasado 8 de setembro ata hoxe a 17 edición deste evento tecnolóxicos, que reuniu a máis de 800 participantes e a centenares de visitantes. O obxectivo agora é seguir aproveitando a aposta de R polo evento, que permitiu unha conectividade de 10 xigas simétricos de velocidade, para seguir crecendo ata converterse nuns anos no segundo maior evento tecnolóxico do Estado tras a Euskal Encounter.
Ricardo Durán, director da Feira Internacional de Galicia ABANCA e do evento, destacou que con esta 17 edición, a cal tamén contou co respaldo da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, ábrese unha nova etapa, cargada de oportunidades para os afeccionados e profesionais das novas tecnoloxías. Durán destacou que Silleda converteuse durante estes tres días no epicentro tecnolóxico de Galicia, e que a súa ambición é seguir medrando en inscritos e contidos, a través dunha aposta pola unión entre lecer, tecnoloxía e innovación.
Durán considerou como "un éxito" as novidades incluídas nesta edición, que en boa parte chegaron da vinculación da party galega coa rede de 'Encounters' do Grupo Euskaltel que vén desenvolvéndose en Euskadi desde hai 25 anos, e da que forman parte a Euskal Encounter, a Gipuzkoa Encounter e a Araba Encounter. De feito, unha vintena de voluntarios do equipo organizador destes eventos tecnolóxicos en Euskadi acudiu a Silleda para reforzar o funcionamento do evento en todas as súas vertentes, apoiando aos máis de 60 profesionais galegos que forman parte da súa estrutura.
Pola súa banda, Sabino San Vicente, coordinador da rede 'Encounter' e xerente da Fundación Euskaltel Konekta, destacou a aposta de R polo evento, o que ao seu xuízo permitirá que siga crecendo en próximas edicións. En concreto, adiantou que as áreas de arte dixital, robótica, impresoras 3D e realidade virtual serán especialmente reforzadas a futuro, vista a boa experiencia deste ano. E mostrou a súa confianza en que os asistentes que gozasen coa experiencia fagan de prescritores para que a próxima edición sexa aínda máis multitudinaria e completa.
Novidades con gran aceptación
Nesta edición reforzáronse considerablemente todas as áreas do evento. En total, celebráronse doce torneos de videoxogos fronte aos oito da pasada edición, e incluíronse como novidade actividades de robótica e realidade virtual. Ademais, potenciáronse as conferencias e os talleres formativos, nos que se abordan temáticas como a ciberseguridad, o cosplay, a realización de videoxogos e os drons.
Pero una das principais novidades foi a aposta pola arte dixital, ata o punto de que se incorporaron 10 competicións en modalidades que abarcan a ilustración, o retoque fotográfico, os deseños 2D e 3D, a música dixital e mesmo as creacións realizadas a través da realidade virtual. Esta sección non contara cun espazo propio ata agora, a pesar de que moitos dos asistentes ao evento son deseñadores e artistas gráficos. Os encargados de organizar as competicións mostraron a súa satisfacción ante a gran calidade das obras presentadas.
Satisfacción dos participantes
Á espera da análise en profundidade das enquisas de valoración, a satisfacción dos asistentes foi moi alta. Os participantes destacaron especialmente a enorme velocidade da internet, a fiabilidade da rede, e o alto número de actividades desenvolvidas
En canto á procedencia de quen tomou parte neste evento tecnolóxico, aínda que a maioría son galegos, tamén chegaron participantes doutras provincias de España, como Asturias, Madrid, Barcelona, Bizkaia, Cantabria, Burgos, Sevilla, Salamanca, Navarra, Valencia, Baleares, Gipuzkoa e Alacante, entre outras.
Da enorme dimensión tecnolóxica do evento dan boa mostra os datos de información compartida durante estes tres días. Os máis de 800 inscritos moveron máis de 46 millóns de megas de información, un reflexo da intensa actividade en todas as áreas nas que se dividiu o evento.