A XGN R Encounter aposta por potenciar todo o seu talento artístico

  • A 17 edición da gran party informática galega arrancou hoxe en medio dun gran ambiente, con máis de 800 participantes e un completo programa, que inclúe conferencias sobre temáticas como a ciberseguridade, o cosplay, os drons ou a realidade virtual, entre ducias de actividades lúdicas e formativas
  • A arte dixital é unha das principais apostas deste ano, coa estrea de 10 competicións que abarcan a ilustración, o retoque fotográfico, os deseños 2D e 3D, a música dixital e incluso as creacións en realidade virtual
  • Esta festa tecnolóxica, que conta co respaldo da consellería de Política Social da Xunta de Galicia, desenvolverase ata o domingo na Feira Internacional de Galicia ABANCA

(69) Xgn_R_Encounter_2017

A XGN R Encounter apostou na súa 17 edición pola súa vertente máis artística. Unha das principais novidades é a aposta pola arte dixital, ata o punto de que se incorporaron 10 competicións en modalidades que abarcan a ilustración, o retoque fotográfico, os deseños 2D e 3D, a música dixital e mesmo as creacións realizadas a través da realidade virtual. E o resultado non pode ser máis positivo, xa que comezaron a presentarse obras desde o inicio mesmo das competicións.

Os máis de 800 asistentes á XGN R Encounter, están xa gozando dunha velocidade de conexión de 10 xigas simétricos, cinco veces máis que o ano pasado. A organización tamén potenciou o programa de actividades, cun notable número de propostas respecto de pasadas edicións. Por exemplo, van desenvolver desde hoxe ata o domingo doce torneos de videoxogos fronte aos oito da pasada edición, e por primeira vez haberá actividades de robótica ou realidade virtual, xunto a un amplo panel de conferencias, talleres formativos e alternativas de lecer.

Pero una das apostas máis claras desta edición foi a inclusión dos concursos de arte dixital, unha área que non contara cun espazo propio ata agora, a pesar de que moitos dos asistentes ao evento son deseñadores e artistas gráficos. Os encargados de organizar estas competicións explican que en varias delas é posible participar con obras elaboradas previamente, sempre que sexan orixinais e non participasen noutros concursos. Nestes casos, a temática é libre. Como excepcións, hai tres competicións "fast", que esixen que os seus autores as realicen durante o propio evento, con temática fixa; son as de deseño 2D, deseño 3D e música dixital.

Ademais do fomento da creación artística durante o evento, a XGN R Encounter tamén busca poñer en contacto aos artistas que acoden á lan party pero que non se coñecen previamente. Así, a través de mesas redondas e á propia dinámica das competicións, créase un espazo para o intercambio de ideas e coñecementos. O exemplo doutras festas tecnolóxicas similares fai pensar que destes contactos é fácil que xurdan ocasións de colaboración a futuro entre os propios participantes, mesmo de creación de start-ups.

O domingo realizarase a entrega de premios aos tres mellores en cada unha das 10 categorías de arte dixital. Ata entón, todo o talento creativo deberá esforzarse para ter a tempo as súas propostas antes da chegada da temida "deadline", a hora límite de cada competición.

De igual forma, a creatividade tamén se verá apoiada durante este evento a través dos talleres que lles permitirán iniciarse na maquillaxe FX ou construír un sabre de luz, ao máis puro estilo Star Wars, co que posteriormente se realizarán combates. E mesmo haberá quen dedique as súas horas para embelecer esteticamente o seu propio computador, á vez que mellora as súas prestacións técnicas.

Programa de actividades

A party conta cunha zona de acceso libre na que se imparten conferencias gratuítas. Esta tarde os relatores están a abordar temáticas como a ciberseguridade, o cosplay, e a realización de videoxogos, mentres que mañá analizaranse as enormes posibilidades dos drons e da realidade virtual. Os visitantes tamén poderán gozar coa estación drone, onde testarán a súa habilidade como pilotos en circuítos de obstáculos, e co billar xigante denominado Snookball. Tamén é aberta a participación en varias disciplinas de deportes informáticos, así como nos torneos de robots, as carreiras de substitucións, os combates de sumo con traxes inchables ou carreiras sobre pelotas xigantes.

De igual forma, a “Extranet” acollerá a media noite, tanto hoxe como o sábado, unha partida de rol en vivo nocturno, e unha zona de combate nerf, con dardos de gomaespuma nun campo de obstáculos, con partidas de 20 persoas xogando simultaneamente.

E durante toda a party, na zona R haberá unha “Escape room” baixo o nome de “Desactivador R” e calquera visitante poderá gozar co espazo expositivo complementario con presenza de empresas relacionadas co material informático e o lecer, entre outras propostas.

Organiza

Fundación Semana Verde de Galicia

Voz:

986 577000 (de luns a venres de 9 a 14 h)

Correo electrónico:

info@xgnrencounter.gal

Responsables de prensa:

Aitor Ubarretxena. Infotres Comunicación.
943 22 45 30 / 609 12 16 66
E-mail: press@euskalencounter.org
 
Silvia Regal. Fundación Semana Verde de Galicia
986 577000 / 669 840532

 

Localización

twitter facebook