Máis de 800 mozos e mozas acoden ao “Xuventude Galicia Net R” que abre hoxe as súas portas no recinto feiral da Semana Verde

  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela inauguraron esta maña o evento informático
  • Alfonso Rueda indicou que a Xunta segue a cumprir o compromiso de diversificar a actividade da Semana Verde, de buscar novas oportunidades e continuar incluíndo novos eventos no calendario de feiras
  • Pola súa banda, José Manuel Rey Varela, enmarcou este evento na vontade da Xunta de Galicia de favorecer e potenciar a educación e a formación da xente nova no manexo das novas tecnoloxías

(3)Xgn_R_encounter_2017

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela inauguraron esta maña o evento informático
Alfonso Rueda indicou que a Xunta segue a cumprir o compromiso de diversificar a actividade da Semana Verde, de buscar novas oportunidades e continuar incluíndo novos eventos no calendario de feiras
Pola súa banda, José Manuel Rey Varela, enmarcou este evento na vontade da Xunta de Galicia de favorecer e potenciar a educación e a formación da xente nova no manexo das novas tecnoloxías

Silleda (Pontevedra), 8 de setembro de 2017.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela inauguraron esta mañá o evento informático ”Xuventude Galicia Net R Encounter” que hoxe abre as súas portas e ao que está previsto que asistan máis de 800 mozos e mozas durante a fin de semana.

Alfonso Rueda explicou que este encontro que acada xa a súa décimo sétima edición, consolídase como a maior party informática que ten a nosa comunidade, con numerosas actividades previstas, algunhas das cales están abertas a todo o público, e que se leva a cabo no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca que se converte así nestes días nun punto de encontro que abrangue a participación da mocidade galega. Asemesmo indicou que a Xunta segue a cumprir o compromiso de diversificar a actividade da Semana Verde, de buscar novas oportunidades e de continuar incluíndo novos eventos no calendario de feiras.

Pola súa banda, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, enmarcou este evento na vontade da Xunta de Galicia de favorecer e potenciar a educación e a formación da xente nova no manexo das novas tecnoloxías. Ao respecto, apuntou que XGN R Encounter “é un marco axeitado para que os mozos e mozas se poidan achegar á sociedade da información e ao manexo das novas tecnoloxías, sobre a base da interacción e o intercambio de experiencias”.

Nesta liña, o titular de Política Social insistiu en que desde hoxe e durante a fin de semana o recinto feiral de Silleda “convértese nun espazo de aprendizaxe no que se potencia a formación e a aprendizaxe lúdica no eido das novas tecnoloxías”.

Á inauguración tamén asistiron o director xeral da Feira Internacional de Galicia, Ricardo Durán; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez; ademais do presidente e do secretario xeral do grupo Euskaltel, Alberto García e Francisco Javier Allende, respectivamente; o xerente da Fundación Euskaltel, e organizador da Encounter, Sabino San Vicente, e o director xeral de R, Alfredo Ramos.

O presidente do grupo Euskaltel, Alberto García manifestou que “é unha honra colaborar co XGNR Encounter, que este ano conta cunha velocidade de 10 gigas, o que supón multiplicar por 5 a velocidade do ano pasado, mediante unha rede de alta capacidade a través dun cable de 120 quilómetros despregado por R que conecta o recinto de Silleda con Vigo”.

 

Organiza

Fundación Semana Verde de Galicia

Voz:

986 577000 (de luns a venres de 9 a 14 h)

Correo electrónico:

info@xgnrencounter.gal

Responsables de prensa:

Aitor Ubarretxena. Infotres Comunicación.
943 22 45 30 / 609 12 16 66
E-mail: press@euskalencounter.org
 
Silvia Regal. Fundación Semana Verde de Galicia
986 577000 / 669 840532

 

Localización

twitter facebook