Friki Quiz

Benvido ao Gran Quiz da XGN R Encounter! Esta é a túa gran oportunidade de demostrar o teu dominio en temas de videoxogos e informática (entre outros, está claro).

HORA E LUGAR: Escenario principal, venres ás 20:00.

NORMATIVA:

  • Existe un lote de preguntas.
  • No momento no que rematen as preguntas acaba a actividade.
  • O dereito para responder á pregunta outorgarase á persoa que levante antes a man. En caso de dar unha resposta incorrecta farase un só rebote. Se este fallase, darase a resposta correcta e continuarase coa actividade.
  • En caso de acertar a resposta proporcionaránselle os datos da devandita persoa á coordinadora de actividades para que poida levar o cálculo.
  • O participante con maior número de acertos será o gañador.
  1. Só se permitirá unha participación por persoa.
  2. O gañador desta actividade recibirá: un trofeo conmemorativo, un diploma e unha clave para a plataforma Steam.
  3. A organización resérvase o dereito para cambiar calquera destas normas no caso de que sexa necesario.
  4. O INCUMPRIMENTO DALGUNHA DESTAS NORMAS SUPORÁ A DESCUALIFICACIÓN AUTOMÁTICA.
  5. CALQUERA FALTA DE RESPECTO, COMENTARIOS DE MAL GUSTO, OU OUTROS TEMAS QUE POIDAN FERIR A SENSIBILIDADE TANTO DA AUDIENCIA COMO DA ORGANIZACIÓN SUPORÁN A DESCUALIFICACIÓN AUTOMÁTICA.

twitter facebook