Apto só para os máis frikis e amantes dos cables! Un ano máis traémosvos a clásica competición Fast Crimping. O obxectivo? O mesmo de sempre claro: crimpar os dous extremos dun cable de rede RJ-45 no menor tempo posible.
Haberá unha rolda clasificatoria, só os 5 mellores poderán estar na final! Teredes que axustarvos a algunhas normas:
- O crimpado do cable debe ser normal, non cruzado.
- Deberedes seguir a orde de coes standard, que é a que utilizan os nosos rapaces de redes: Laranxa/Branco; Laranxa; Verde/Branco; Azul; Azul/Branco; Verde; Marrón/Branco; Marrón. E parte do cable debe entrar dentro da cabeza.
- O gañador será aquel que consiga crimpar o cable en menos tempo, sempre e cando o cable funcione.
HORA E LUGAR: Escenario principal, venres ás 19:00.
PREMIOS: O gañador desta actividade recibirá un trofeo conmemorativo, un diploma e unha clave para a plataforma Steam.
La organización se reserva el derecho a cambiar cualquiera de estas normas en caso de que sea necesario.