FastMóbilMetraxe

Tés dotes como director de curtos? E se ademais é a contrarreloxo? Non o penses máis e participa en FastMóbilMetraxe! Non te trabuques, non buscamos a un novo Spielberg, só queremos que nos fagas rir. Trátase de gravar un curto cunha cámara dixital ou un teléfono móbil, cunha duración máxima de 4 minutos. Sabede que aínda que vos estendades, só se valorarán os 4 primeiros minutos do curto.

Valoraremos especialmente a orixinalidade e o guión. Lembra que non están permitidas as fotomontaxes, nin elementos en 3D ou debuxos que partan de dixitalizacións (iso deixámosllo aos elegante@s de Arte Dixital).

TEMÁTICA: LIBRE

Deberedes entregar os vosos traballos en control, que teñen que ser orixinais e inéditos, antes das 20:00 do sábado.

PREMIOS: O/a gañador/es desta actividade recibirá/n un trofeo conmemorativo, un diploma e unha clave para a plataforma Steam.

NOTA: Subtítulos integrados obrigatorios.

Non esquezades poñer o voso nome ou nick e posto na party (aos curtos en si mesmos), por se tivésemos que poñernos en contacto convosco. Os vídeos proxectaranse na pantalla a noite do sábado. A Organización resérvase o dereito de non proxectar aquelas producións cuxo contido considere inadecuado. La organización se reserva el derecho a cambiar cualquiera de estas normas en caso de que sea necesario.

twitter facebook