Carreira de “Sacos de Dormir”

Volvemos a grandes actividades desta Lan Party. Colle un saco da organización e demostra todo o esforzo que fixeches adestrando (ou non) para isto. É cuestión de actitude, equilibrio e moito, pero que moito salto.

Nós marcámosche o percorrido e ti debes chegar á final. A carreira será cronometrada e as dez mellores marcas repetirán a carreira para mellorar os tempos. Aquel que sexa tan rápido como Flash será o noso gañador!

HORA E  LUGAR: Pavillón Externo, sábado ás 23:59.

NORMATIVA:

  1. Empregarase o material proporcionado pola organización.
  2. Calquera indicio de violencia innecesaria será sancionada pola organización.
  3. Só se permitirá unha participación por persoa.
  4. O gañador desta actividade recibirá: un trofeo conmemorativo, un diploma e unha random key Premium de Steam.
  5. A organización resérvase o dereito para cambiar calquera destas normas no caso de que sexa necesario.
  6. O INCUMPRIMENTO DALGUNHA DESTAS NORMAS SUPORÁ A DESCUALIFICACIÓN AUTOMÁTICA.
  7. CALQUERA FALTA DE RESPECTO, COMENTARIOS DE MAL GUSTO, OU OUTROS TEMAS QUE POIDAN FERIR A SENSIBILIDADE TANTO DA AUDIENCIA COMO DA ORGANIZACIÓN SUPORÁN A DESCUALIFICACIÓN AUTOMÁTICA.

twitter facebook