Carreira de Relevos con PC

Benvidos ao centro médico de computadores da XGN R Encounter! Os nosos pacientes necesitan a vosa axuda, e é o voso deber levalos ata a sala de operacións o máis rápido posible.

Realizaranse carreiras de substitucións nun circuíto delimitado para chegar á meta. Os grupos estarán formados por 4 fornidos corredores que levarán as caixas ata a meta. Aquel grupo que faga o mellor tempo final será o gañador.

HORA E LUGAR: Pavillón externo, venres ás 23:00.

NORMATIVA:

  1. Empregarase o material proporcionado pola organización.
  2. Só se permitirá unha participación por persoa.
  3. O grupo gañador desta actividade recibirá: un trofeo conmemorativo, un diploma e catro claves para a plataforma Steam.
  4. A organización resérvase o dereito para cambiar calquera destas normas no caso de que sexa necesario.
  5. O INCUMPRIMENTO DALGUNHA DESTAS NORMAS SUPORÁ A DESCUALIFICACIÓN AUTOMÁTICA.
  6. CALQUERA FALTA DE RESPECTO, COMENTARIOS DE MAL GUSTO, OU OUTROS TEMAS QUE POIDAN FERIR A SENSIBILIDADE TANTO DA AUDIENCIA COMO DA ORGANIZACIÓN SUPORÁN A DESCUALIFICACIÓN AUTOMÁTICA.

twitter facebook