Para esta competición, non será necesario que compliquedes a vida creando espectaculares cosplays nin gastedes un duro mercando perrucas.
A cousa é moi sinxela, en grupos de 3 persoas, onde un de vós fará as veces de maniquí, subirédesvos ao escenario e cos materiais que atopedes por alí esparexidos, deberedes fabricar un cosplay en tan só ... 7 minutos.
¿Que por que sete e non cinco ou dez?… Segundo os cálculos efectuados por Kujaku despois de introducir un array complexísimo nos mainframes cos datos recolleitos in party durante estes últimos 5 anos (todo contrastado cun programa desenvolvido por Marcan e utilizado polos máis grandes estatistas en todo o mundo), é esta e non outra é a cantidade exacta e necesaria de minutos para a correcta realización da devandita actividade, tendo en conta, entre outras cuestións, a experiencia, idade e constitución media dos participantes da XGN R Encounter así como as súas habilidades manuais e o seu gusto pola moda geek nun espazo reducido como é o escenario da party e os limitados recursos dos que se van prover.
Expertos deseñadores, considerados en tódalas pasarelas relevantes, valorarán a técnica de recorte de bolsas e pegado de cinta e decidirán o gañador esa mesma tarde.
HORA E LUGAR: Escenario principal, sábado ás 18:00.
La organización se reserva el derecho a cambiar cualquiera de estas normas en caso de que sea necesario.