Formatos permitidos: MPEG, DIVX, Ogg Theora, Matroska (mkv) y h264 en caso de tratarse dun video.
Só se permitirá unha produción por grupo ou autor.
É posible que só se mostren os 4 primeiros minutos do traballo. A duración é libre, pero só se mostrarán os 4 primeiros minutos se hai problemas de tempo.
A única maneira de entregar producións para esta categoría é mediante a intranet ou, en todo caso, cunha chave USB en control.
Que se pode presentar nesta competición? por dicilo dalgunha maneira, todo o que non cabe nas demais competicións. Isto é, animacións 3D, human demos, demos en flash, demos de C64, Playstation ou calquera outra plataforma. En definitiva, todo o que se vos ocorra, sempre que respecte unha única regra: Que sexa algo creativo.
As producións poderán ter música, pero esta deberá ser libre de dereitos, ou ter autorización expresa do autor para que se poida utilizar.