Os participantes terán que presentar (individualmente ou en grupo) un proxecto de videoxogo.
Isto significa: deseños de arte, prototipos, esquemas de funcionamento, ambientación, etc... É dicir, todo o proceso que se seguiría antes de comezar na produción do videoxogo.
A diferenza do resto de compos, esta non se pode proxectar nas pantallas así que o día designado á hora designada, na sala de conferencias cada grupo e/ou participante expoñerá o seu proxecto. Esta exposición será pública e poderá acudir a escoitala quen desexe.
Esta competición terá os seguintes premios:
- Premio á mecánica máis interesante
- Premio ao mellor concepto de arte
- Premio á mellor idea