Ilustración Dixital

Entrega dos traballos: Cada participante apuntarase e subirá a súa produción á intranet á categoría á que desexe participar e poderá comprobar tranquilamente que a súa produción se subiu correctamente.

A ilustración dixital será creada directamente no noso computador, usando software para tal fin (Photoshop, Gimp, photofiltre...) e con axuda de dispositivos como ratos, lapis ópticos e tabletas dixitalizadoras.

Non se permite a de corrección de imaxes a través do computador, tampouco dixitalizar e editar debuxos creados a man, senón de que artista debe crear directamente sobre a pantalla (en ocasións a partir dun BOSQUEXO analóxico) dando como resultado imaxes produto unicamente da suma de miles de trazos independentes que en conxunto formen a ilustración.

A produción pode realizarse durante os últimos anos ou a última hora na propia party, o tempo que cada participante investise no resultado final non será tomado en conta se non que se valorará o resultado final. Para poñer a proba a capacidade de ilustración nun curto espazo de tempo, podedes animarvos a participar na competición Fast 2D.

Resolución máxima: 1280x1024

Formatos permitidos: PNG (recomendado) e GIF.

O autor deberá entregar pasos intermedios (ata un máximo de 10) que representen o proceso do debuxo. Os pasos deberán estar numerados da seguinte forma: Se o gráfico final se chama GOGO.PNG, os pasos chamaranse GOGO01.PNG, GOGO02.PNG,..., GOGO10.PNG e GOGO11.PNG en caso de ter 10 pasos. O gráfico GOGO01.PNG será o máis antigo, o menos traballado, e GOGO11.PNG o gráfico final (o que concursa).

En caso de non dispoñer dos pasos deberase entregar un arquivo coas capas.

Os pasos entregaranse xunto con DOUS .txt nun ficheiro comprimido (ZIP):

-UN cos datos do participante (Nome, apelido e teléfono).

-OUTRO cunha breve explicación (máximo tres liñas) dos programas técnicas utilizadas.

Os pasos previos serán mostrados tanto ao xurado como ao público.

Só se permitirá unha produción por autor.

A presentación dos traballos realizarase baixo a licenza de utilización Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs, aínda cando o autor indique unha licenza de utilización diferente ou ningunha.

Os traballos deberán ser orixinais e libres de royalties. Ademais, non deben participar anteriormente en ningún outro concurso.

Un xurado designado pola organización valorará os traballos presentados baseándose na súa técnica, orixinalidade e calidade artística e eventualmente poderán declarar deserta a competición en caso de considerar que a calidade dos traballos é insuficiente.

O fallo de xurado é inapelable.

A esta normativa compleméntaa a normativa xeral.

A participación na competición leva a aceptación das súas Normas.

twitter facebook